10.1 Quen están obrigados a relacionarse electronicamente coa Axencia Tributaria
No ámbito da relación coa Axencia Tributaria, cabe distinguir tres aspectos:
-
A presentación por vía electrónica de declaracións con carácter obrigatorio.
-
A recepción de notificacións electrónicas con carácter obrigatorio.
-
A presentación por vía electrónica de documentos con transcendencia tributaria relativos a procedementos tributarios xestionados pola Axencia Tributaria, como poden ser a presentación de solicitudes, a contestación a requirimentos, a presentación de alegacións ou de documentación, ou a interposición de recursos. Neste caso, os suxeitos que están obrigados a realizar de forma electrónica a presentación dos devanditos documentos, son:
-
As persoas xurídicas.
-
As entidades sen personalidade xurídica.
-
Quen exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria. En todo caso, entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedad e mercantís, así como, xestores, economistas, asesores fiscais que actuen como colaboradores sociais.
-
Quen representen un interesado que estea obrigado a relacionarse electrónicamente coa Administración.
-
Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.
-
Os obrigados tributarios inscritos no Rexistro de Grandes Empresas.
-
Poderase establecer regulamentariamente outros suxeitos con obriga de manter relación electrónica coa Administración Pública.