4.1 Período impositivo e devindicación
O período impositivo do IS coincide co exercicio económico de cada entidade, non podendo exceder de 12 meses. A data de peche do exercicio económico ou social determínase nos estatutos das sociedades. No seu defecto termina o 31 de decembro de cada ano. O IS devindícase o último día do período impositivo.
Aínda que non finalizase o exercicio económico, o período impositivo enténdese concluído nos seguintes casos:
-
Cando a entidade se extinga.
-
Cando cambie a residencia da entidade, de territorio español ao estranxeiro.
-
Cando se transforme a forma xurídica da entidade e iso determine a non suxeición ao IS da entidade resultante.
-
Cando se produza unha transformación da forma xurídica da entidade ou a modificación do seu estatuto ou do seu réxime xurídico, e que iso determine a modificación do tipo de gravame no IS ou a aplicación dun réxime tributario distinto na entidade resultante.