Saltar ao contido principal
Manual de actividades económicas.Obrigas fiscais de empresarios e profesionais residentes en territorio español

5.4.1 A quen se aplica

Ás persoas físicas e entidades en réxime de atribución de rendas que cumpran os seguintes requisitos: 

  1. Que as súas actividades estean incluídas na Orde que desenvolve o réxime simplificado.

  2. Que non superen os seguintes límites establecidos na devandita Orde e na Lei do IVE:

    • Ingresos no ano inmediato anterior do conxunto de actividades, agás as agrícolas, forestais e gandeiras:250.000 €. Non se computarán entre os ingresos as subvencións, indemnizacións e o IVE.

    • Ingresos no ano inmediato anterior de actividades agrícolas, forestais e gandeiras, excluídas subvencións, indemnizacións e o IVE:250.000 €.

    • Límites específicos relativos ao número de persoas, vehículos e bateas empregadas.

    • Que o importe das adquisicións ou importacións de bens e servizos, excluídos os de elementos do inmobilizado, non superase no ano inmediato anterior, os 250.000 €.
  3. Que non renunciasen á súa aplicación.

  4. Que non renunciasen nin estean excluídos, da estimación obxectiva do IRPF nin do réxime especial da agricultura, gandería e pesca no IVE.

  5. Que ningunha actividade exercida estea en estimación directa do IRPF ou nalgún dos réximes do IVE, incompatibles co réxime simplificado.