5.4.4 Modelos de autoliquidacións
O modelo 303 presentarase trimestralmente entre o 1 e o 20 de abril, xullo e outubro e entre o 1 e o 30 de xaneiro do ano seguinte. Se nalgún trimestre non resultase cantidade a ingresar, presentarase igualmente declaración do último período.
Se se domicilia o pagamento a presentación realizarase por Internet entre o 1 e o 15 de abril, xullo e outubro e entre o 1 e o 25 de xaneiro.
Ademais, deberá presentarse unha declaración resumo anual, no modelo 390, canda a autoliquidación final non sendo que queden exonerados da presentación desta declaración resumo.