Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Transmisión de accións ou participacións adquiridas antes do 31 de decembro de 1994

Neste suposto, se se obtén unha ganancia patrimonial, deberá distinguirse a parte da ganancia patrimonial que se xerase con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 (única sobre a que resultan aplicables os coeficientes redutores ou de abatemento) da xerada con posterioridade á devandita data sobre a que non resultan aplicables os coeficientes redutores ou de abatemento.

A determinación da ganancia patrimonial xerada con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 e a aplicación, se é o caso, dos coeficientes redutores efectuarase de acordo coa regra xeral comentada neste mesmo Capítulo.