Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

4.Suposto especial:outras achegas á mutualidade de previsión social de deportistas profesionais e de alto nivel

Os deportistas profesionais e de alto nivel, aínda que finalizasen a súa vida laboral como deportistas profesionais ou perdesen a condición de deportistas de alto nivel, poderán realizar achegas á mutualidade de previsión social de deportistas profesionais e de alto nivel.

Tales achegas poderán ser obxecto de redución da base impoñible, na contía que teña por obxecto a cobertura das continxencias previstas no artigo 8.6 do texto refundido da Lei de regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2002, de 29 de novembro (BOE do 13 de decembro), sempre que se cumpran os requisitos anteriormente comentados para as achegas a sistemas de previsión social en xeral.

Como límite máximo conxunto de redución destas achegas aplicarase o indicado neste mesmo Capítulo para as achegas e contribucións a sistemas de previsión social.

Recorde: a base liquidable xeral e a base liquidable do aforro non poden resultar negativas como consecuencia da aplicación das reducións ata agora comentadas.