Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

Dedución por investimento en empresas de nova ou recente creación

Normativa: Arts. 68.1 e disposición adicional trixésimo oitava.2 Lei IRPF

A dedución por investimento en empresas de nova ou recente creación introdúcese no IRPF coa finalidade de favorecer a captación por empresas, de nova ou recente creación, de fondos propios procedentes de contribuíntes que, ademais do capital financeiro, desexen achegar os seus coñecementos empresariais ou profesionais para o desenvolvemento da sociedade en que invisten (investidor de proximidade ou “business angel”), ou tamén daqueles contribuíntes que só estean interesados en achegar capital (capital semente).

Os aspectos máis destacados desta dedución son os seguintes:

  1. Obxecto, base máxima e porcentaxe da dedución
  2. Requisitos e condicións para a súa aplicación
  3. Límite da dedución: comprobación da situación patrimonial
  4. Exemplo: Aplicación da dedución por investimento en empresas de nova ou recente creación