2. Exencións por rendementos de actividades económicas
• Subvencións da política agraria e pesqueira comunitaria e axudas públicas
Normativa: Disposición adicional quinta da Lei do IRPF
Están exentas:
- As rendas positivas que se poñan de manifesto como consecuencia da percepción de determinadas subvencións da política agraria e pesqueira comunitaria, así como doutras axudas públicas percibidas no exercicio de actividades económicas.
O tratamento tributario destas subvencións e axudas públicas coméntanse con máis detalle no Capítulo 7.
- Tamén se declaran exentas as axudas públicas que teñan por obxecto reparar a destrución, por incendio, inundación ou afundimento de elementos patrimoniais.
-
As axudas públicas, distintas destas , percibidas para a reparación dos danos sufridos en elementos patrimoniais por incendio, inundación, afundimento ou outras causas naturais, integraranse na base impoñible unicamente na parte en que excedan do custo de reparación dos mesmos.
Teñase en conta que ás indemnizacións percibidas como consecuencia da destrución de elementos patrimoniais asegurados previstos no artigo 3 do Real Decreto-lei 6/2011, do 13 de maio, polo que se adoptan medidas urxentes para reparar os danos causados polos movementos sísmicos acontecidos o 11 de maio de 2011 en Lorca, Murcia (BOE do 14), serálles de aplicación a disposición adicional quinta da Lei do IRPF.
Atención: en ningún caso, os custos de reparación, ata o importe da citada axuda serán fiscalmente deducibles nin se computarán como mellora.
- As axudas ao abandono da actividade de transporte por estrada satisfeita polo Ministerio de Fomento a transportistas.
- Así mesmo, decláranse exentas a percepción de indemnizacións públicas a causa do sacrificio obrigatorio da cabana gandeira, no marco de actuacións destinadas á erradicación de epidemias ou enfermidades. A exención só afectará os animais destinados á reprodución.
- Finalmente, decláranse exentas as axudas públicas percibidas para compensar o desaloxo temporal ou definitivo da vivenda habitual do contribuínte ou do local en que o titular da actividade económica exercese a mesma como consecuencia de incendio, inundación, afundimento ou outras causas naturais.
• Subvencións forestais
Normativa: Disposición adicional cuarta da Lei do IRPF.
As subvencións forestais concedidas a quen exploten predios forestais xestionadas de acordo con plans técnicos de xestión forestal, ordenación de montes, plans dasocráticos ou plans de repoboación forestal aprobados pola Administración forestal competente, sempre que o período de produción medio, segundo a especie de que se trate, determinado pola Administración forestal competente, sexa igual ou superior a 20 anos.