Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Módulo "Asentos"

Normativa:Instrución 2.1.12ª para a aplicación dos signos, índices ou módulos no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do anexo II da Orde 1164/2019, do 22 de novembro (BOE do 30).

Nas actividades de transporte urbano colectivo e de viaxeiros por estrada, entenderase por "asentos" o número de unidades que figura na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo, excluídos o do condutor e o do guía.

Vehículos adaptados especificamente para transporte escolar.O cómputo de unidades do módulo asento destes vehículos deberá efectuarse polo número equivalente de asentos de persoas adultas.Para estes efectos, considerarase que cada tres asentos para nenos menores de 14 anos equivalen a dous asentos de persoas adultas.