Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Módulo "Carga do vehículo"

Normativa:Instrución 2.1.10ª para a aplicación dos signos, índices ou módulos no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do anexo II da Orde 1164/2019, do 22 de novembro (BOE do 30).

A capacidade de carga dun vehículo ou conxunto de vehículos será igual á diferenza entre a masa total máxima autorizada determinada tendo en conta as posibles limitacións administrativas, que no seu caso, se salienten nas Tarxetas de Inspección Técnica, co límite de 40 toneladas, e a suma das taras correspondentes aos vehículos portantes (peso en baleiro do camión, remolque, semirremolque e cabeza tractora), expresada, segundo proceda, en quilogramos ou toneladas, estas últimas con dúas cifras decimais.

No caso de cabezas tractoras que utilicen distintos semirremolques, a súa tara avaliarase en oito toneladas como máximo.

Cando o transporte se realice exclusivamente con colectores, a tara destes avaliarase en tres toneladas.