Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Módulo "Distancia percorrida"

A actividade de transporte por autotaxis ten como módulo asignado a "distancia percorrida" por cada vehículo afecto á actividade, debendo computarse a totalidade dos percorridos no ano.A unidade está constituída por 1.000 km.

Covid-19:para a cuantificación do módulo "distancia percorrida" non se computarán os quilómetros percorridos que proporcionalmente correspondan aos días en que estivo declarado o estado de alarma no primeiro semestre de 2020 (99 días) así como os días do segundo semestre de 2020 nos que, estando declarado ou non o estado de alarma, o exercicio efectivo da actividade económica teríase visto suspendido como consecuencia das medidas adoptadas pola autoridade competente para corrixir a evolución da situación epidemiolóxica derivada do Covid-19 (tamén denominado SARS-CoV-2).