Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Módulo "Lonxitude de barra"

Normativa:Instrución 2.1.15ª para a aplicación dos signos, índices ou módulos no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do anexo II da Orde 1164/2019, do 22 de novembro (BOE do 30).

Nas actividades de cafés e bares que teñen asignado o módulo "lonxitude de barra", entenderase por barra o mostrador onde se serven e apoian as bebidas e alimentos solicitados polos clientes.

A lonxitude de barra medirase polo lado do público e dela excluirase a zona reservada ao servizo de camareiros.Se existisen barras auxiliares de apoio pegadas ás paredes, piares, etc., dispoñan ou non de tallos, incluirase a súa lonxitude para o cálculo do módulo.

A unidade deste módulo é o metro lineal (m.l.).O número de unidades expresarase, se é o caso, con dous decimais.