4. Outras percepcións empresariais
Normativa: Véxase a norma común 3 do Anexo III da Orde HAC/1164/2019, do 22 de novembro (BOE do 30).
O rendemento neto de módulos deberá incrementarse no importe correspondente a outras percepcións empresariais tales como as subvencións correntes e de capital.
Os criterios de imputación temporal das subvencións correntes e de capital coméntanse no Capítulo 7 deste Manual.
As prestacións percibidas da Seguridade Social por incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou invalidez provisional, se é o caso, tributan como rendementos do traballo
Covid 19 : as prestacións por cesamento de actividade concedida con motivo da emerxencia sanitaria motivada polo Covid-19 , que se contemplan nos artigos 17 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19 (BOE do 18), 9 do Real Decreto-lei 24/2020, do 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial (BOE do 27) e 13 do Real decreto – lei 30/2020 do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE do 30) considéranse rendementos de traballo polo que non computan como ingresos da actividade económica.
Esta mesma consideración ten a prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores de tempada prevista no artigo 14 do Real Decreto-lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE do 30) e, polo tanto, tampouco computa como ingreso da actividade económica.