20. Axudas económicas ás persoas con hemofilia ou outras coagulopatías conxénitas que desenvolvesen a hepatite C
Normativa: Art. 7.s) Lei IRPF
Están exentas as axudas económicas ás persoas con hemofilia ou outras coagulopatías conxénitas que desenvolvesen a hepatite C, como consecuencia de recibir tratamento con concentrados de factores de coagulación no ámbito do sistema sanitario público, reguladas no artigo 2 da Lei 14/2002, do 5 de xuño (BOE do 6).
A devandita axuda consiste na percepción , por unha soa vez, de 18.030,36 euros, e é compatible con calquera pensión pública que o beneficiario tivese dereito a percibir.
De acordo co artigo 1 da Lei 14/2002, do 5 de xuño, considéranse beneficiarios destas axudas sociais:
-
As persoas hemofílicas ou con outras coagulopatías conxénitas que, desenvolvendo a hepatite C como consecuencia de recibir tratamento con concentrados de factores de coagulación no ámbito do sistema sanitario público, estean incluídas no censo definitivo previsto no artigo 80 da Lei 55/1999, do 29 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e da orde social.
-
No caso de que falecesen as persoas incluídas no censo, poden percibir a axuda social:
-
os fillos menores de idade e maiores incapacitados, por partes iguais,
-
en defecto deles , o cónxuxe non separado legalmente ou, se é o caso, a persoa que viñese convivindo co falecido de forma permanente con análoga relación de afectividade á do cónxuxe, durante polo menos os dous anos anteriores ao momento do falecemento,
-
a falta dos anteriores, os pais das persoas falecidas.
-
O procedemento para a tramitación e concesión destas axudas económicas regúlase no Real decreto 377/2003, do 28 de marzo (BOE do 29).