21. Instrumentos de cobertura por risco de incremento do tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios destinados á adquisición da vivenda habitual
Normativa: Art. 7.t) Lei IRPF
Están exentas as rendas derivadas da aplicación dos instrumentos de cobertura cando cubran exclusivamente o risco de incremento do tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios destinados á adquisición da vivenda habitual, regulados no artigo décimo noveno da Lei 36/2003, do 11 de novembro, de medidas de reforma económica (BOE do 12).
Con respecto ao concepto de vivenda habitual véxase a disposición adicional vixésimo terceira da Lei do IRPF e artigo 41 bis do Regulamento.