Clasificación das execucións de obra
No seguinte cadro exponse a clasificación, para os efectos do IVA, das execucións de obra, especificando en que casos son entregas de bens e en que casos, prestacións de servizos.
Clases de bens | Prestación de servizos | Entrega de bens |
---|---|---|
Inmobles | O construtor achega materiais cuxo custo é inferior ou igual ao 40% da base impoñible do IVA correspondente á execución de obra |
O construtor achega materiais cuxo custo é superior ao 40% da base impoñible do IVA correspondente á execución de obra |
Mobles | En xeral, será prestación de servizos |
Só cando o que executa a obra achegue a totalidade dos materiais ou os que achegue o dono da obra sexan insignificantes |