Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

F) Operacións exentas

Son entregas de bens ou prestacións de servizos que supoñen a realización do feito impoñible do imposto, pero respecto das cales a Lei establece que non deben ser sometidas a gravame.

No IVA hai dous tipos de exencións claramente diferenciadas:exencións plenas e exencións limitadas.

No caso das exencións plenas, ao empresario ou profesional que realiza a entrega ou presta o servizo e que non repercute o imposto permíteselle deducir o IVA soportado nas adquisicións relacionadas coa operación exenta, sempre que reúna todos os requisitos para a dedución.Son exencións plenas as aplicables ás exportacións e operacións asimiladas, operacións relativas a zonas francas, depósitos francos e outros depósitos, réximes aduaneiros e fiscais e entregas intracomunitarias.

No suposto das exencións limitadas establécese a exención da entrega do ben ou da prestación do servizo, pero non se permite deducir o IVA soportado polo empresario ou profesional nas adquisicións relacionadas coa operación exenta.