Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

Importacións

A determinación da base impoñible nas importacións realízase aplicando as regras xerais ou especiais que veremos a continuación.

As regras sobre modificación da base impoñible expostas nos apartados anteriores son tamén aplicables ás importacións.

Cando os elementos determinantes da base impoñible se fixasen en moeda ou divisa distinta das españolas, o tipo de cambio determinarase de acordo coas disposicións comunitarias para calcular o Valor en Alfándega.

Regra xeral

A base impoñible é o Valor en Alfándega engadindo os conceptos seguintes en canto non estean comprendidos neste:

  1. Os impostos, dereitos, exaccións e demais gravames que se devindiquen con motivo da importación, salvo o IVA.

  2. Os gastos accesorios, como as comisións e os gastos de embalaxe, transporte e seguro que se produzan ata o primeiro lugar de destino dos bens no interior da Comunidade.

Regras especiais

A Lei establece a forma de determinar a base impoñible en operacións determinadas como son as reimportacións de bens exportados temporalmente fóra da Comunidade para ser obxecto de traballos;as operacións asimiladas ás importacións e as importacións de produtos informáticos normalizados.