Concepto de bens de investimento
Son bens de investimento os bens corporais, mobles, semoventes ou inmobles que, pola súa natureza e función, estean normalmente destinados a ser utilizados por un período de tempo superior a un ano como instrumentos de traballo ou medios de explotación.
Non teñen a consideración de bens de investimento:
-
Os accesorios, pezas de recambio e execucións de obra para a reparación de bens de investimento.
-
Os envases e embalaxes, aínda que sexan susceptibles de reutilización.
-
As roupas utilizadas para o traballo polos suxeitos pasivos ou o seu persoal.
-
Calquera outro ben de valor inferior a 3.005,06 euros.