Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

Cotas non deducibles por Lei

As cotas non deben figurar entre as exclusións e restricións do dereito a deducir.

A Lei establece que non poden ser obxecto de dedución en ningunha medida, salvo que se trate de bens de exclusiva aplicación industrial, comercial, agraria, clínica ou científica, ou de bens destinados a ser entregados ou cedidos a título oneroso ou de servizos recibidos para ser prestados a título oneroso, por empresarios ou profesionais dedicados con habitualidade á realización de tales operacións, as cotas soportadas:

  1. Polos servizos de desprazamento ou viaxes, hostalaría e restauración, salvo que teñan a consideración de gasto deducible para os efectos do IRPF ou do Imposto sobre Sociedades.

  2. En alimentos, tabaco e bebidas ou espectáculos ou servizos de carácter recreativo.

  3. En xoias, alfaias, pedras preciosas, perlas e obxectos elaborados con ouro ou platino.

  4. En bens ou servizos destinados a atencións a clientes, asalariados ou a terceiras persoas.

    Non terán esta consideración:

    • As mostras gratuítas e os obxectos publicitarios de escaso valor.

    • Os destinados a ser obxecto de entrega ou cesión de uso mediante contraprestación que, nun momento posterior á súa adquisición, se destinasen a atencións a clientes, asalariados, ou a terceiras persoas.