Saltar ao contido principal
Manual práctico IVE 2023.

Exencións técnicas

Están exentas as seguintes operacións

  • As entregas de bens que fosen utilizados polo transmitente na realización de operacións exentas sempre que ao suxeito pasivo non se lle atribuíse o dereito a deducir total ou parcialmente o imposto soportado na adquisición de tales bens ou dos seus elementos compoñentes.

    Esta exención non se aplicará:

  1. Ás entregas de bens de investimento durante o seu período de regularización.

    Exemplo:

    Unha empresa operadora de máquinas recreativas tipo B vende varias furgonetas que adquiriu hai máis de 5 anos e que utiliza para o transporte das devanditas máquinas.

    A explotación de máquinas recreativas tipo B é unha operación exenta. As furgonetas utilízanse para a realización de operacións exentas e, polo tanto, pola súa adquisición a empresa non puido deducir no seu día o IVE soportado. Neste caso a entrega estará exenta, pois a furgoneta (ben de investimento) entrégase unha vez transcorrido o período de regularización das deducións.

  2. Ás entregas de bens inmobles exentas do imposto por tratarse de terreos non edificables, e de segundas ou ulteriores entregas de edificacións.

    Exemplo:

    Un médico vende o local onde tiña a súa consulta, adquirido fai 11 anos, a un empresario que ten dereito á dedución total do imposto. O adquirente solicita ao médico que renuncie á exención e este accede.

    É correcta a renuncia á exención, pois a exención aplicable é a propia das operacións inmobiliarias (susceptible de renuncia) e non a exención técnica.

  • As entregas de bens cuxa adquisición determinase a exclusión total do dereito a deducir o IVE soportado.