Tipo impositivo do 5 por cento
Desde o 1 de xullo de 2022 ata 31 de decembro de 2023, establécese o tipo do 5 por cento para os contratos de enerxía eléctrica cuxo termo fixo de potencia non supere os 10 kW, cando o prezo medio mensual do mercado maiorista no mes anterior ao da facturación superase os 45 €/MWh.
Este tipo tamén se aplicará aos contratos de subministración de electricidade cuxos titulares sexan perceptores do bono social, e ademais teñan recoñecida a condición de vulnerable severo ou vulnerable severo en risco de exclusión social, durante o período ao que se refire o parágrafo anterior, con independencia do prezo da electricidade do mercado maiorista.
Desde o 1 de outubro de 2022 ata o 31 de decembro de 2023, establécese o tipo do 5 por cento para as entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de gas natural.
Desde o 1 de outubro de 2022 ata o 31 de decembro de 2023, establécese o tipo do 5 por cento para as entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de briquetas e pellets procedentes da biomasa e á madeira para leña.
Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2023 establécese o tipo do 5 por cento ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias dos aceites de oliva e sementes e das pastas alimenticias. Non obstante, o tipo impositivo aplicable será o 10 por cento a partir do día 1 do mes de novembro de 2023, no caso de que a taxa interanual da inflación subxacente do mes de setembro, publicada en outubro, sexa inferior ao 5,5 por cento.