Réxime especial da agricultura, gandaría e pesca
Este réxime caracterízase porque os empresarios ou profesionais incluídos no mesmo non teñen obriga de repercutir nin de ingresar o imposto. Ao non poder deducir o IVE soportado nas súas adquisicións, teñen dereito a obter unha compensación a prezo fixado cada vez que venden os seus produtos. Esta compensación é deducible polo empresario que a paga.