Recadro 00059 Opcións arts. 39.2 e 39.3 LIS
Marcarán este recadro as entidades ás que resulte de aplicación o tipo de gravame previsto no apartado 1 ou no apartado 6 do artigo 29 da LIS, e que segundo o artigo 39.2 da devandita norma, poden optar por excluír do límite do 50 por cento establecido no último parágrafo do artigo 39.1 da LIS , aplicando no seu lugar un desconto do 20 por cento do seu importe ás deducións por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica a que se refiren os apartados 1 e 2 do artigo 35 da LIS . Estas entidades marcarán tamén este recadro nos casos en que, por insuficiencia de cota na aplicación das deducións do parágrafo anterior, soliciten o seu aboamento á Administración tributaria no período obxecto da declaración, nos termos establecidos no artigo 39.2 da LIS .
Ademais, marcarán este recadro as entidades que no caso de insuficiencia de cota na aplicación da dedución por producións cinematográficas estranxeiras previstas no artigo 36.2 da LIS , soliciten o seu aboamento á Administración tributaria no período obxecto de declaración nos termos establecidos no artigo 39.3 da LIS .