Recadro 00057 Réxime fiscal saída SOCIMI
Marcarán este recadro aquelas entidades que estivesen tributando polo réxime fiscal especial das SOCIMI e pasen a tributar por un réxime do Imposto sobre Sociedades distintas, e que obtivesen rendas derivadas da transmisión de inmobles ou de participacións noutras entidades posuídas ao inicio do período impositivo en que a sociedade pase a tributar polo réxime fiscal distinto ao das SOCIMI , cando esa transmisión sexa realizada en períodos en que é de aplicación ese réxime distinto, e que segundo o que se dispón no artigo 12.2 da Lei 11/2009, do 26 de outubro, pola que se regulan as Sociedades Anónimas cotizadas de Investimento no Mercado Inmobiliario, deban gravar no período obxecto de declaración, a parte da devandita renda imputable aos períodos impositivos en que resultou de aplicación o réxime especial das SOCIMI .
Pode consultar as particularidades do réxime tributario especial das SOCIMI no Capítulo 10 deste Manual práctico.