Recadro 00003 Sociedade de investimento de capital variable ou fondo de investimento de carácter financeiro
Marcarán este recadro as sociedades de investimento de capital variable reguladas na Lei 35/2003, do 4 de novembro, de Institucións de Investimento Colectivo, así como os fondos de investimento de carácter financeiro previstos na devandita Lei, aos que resulta aplicable o tipo de gravame do artigo 29.4 da LIS.
Tamén deberán marcar este recadro os Fondos de Activos Bancarios.
As entidades que marquen este recadro deberán cubrir as páxinas 44 a 48 do modelo 200 relativas ás Institucións de investimento colectivo, en lugar das páxinas 3 a 11 do devandito modelo.