Nota común ás exencións do artigo 21 da LIS
O a rtículo 21.9 da LIS establece que non se aplicará a exención prevista neste artigo:
-
Ás rendas distribuídas polo fondo de regulación de carácter público do mercado hipotecario.
-
Ás rendas obtidas por agrupacións de interese económico españolas e europeas, e por unións temporais de empresas, cando, polo menos un dos seus socios, teña a condición de persoa física.
-
Ás rendas de fonte estranxeira que a entidade integre na súa base impoñible e en relación coas cales opte por aplicar, se procede, a dedución establecida nos artigos 31 ou 32 desta Lei.