Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2020.

Especialidades no cálculo do tipo de gravame

1. Entidades de nova creación

  • As entidades de nova creación reguladas no artigo 29. 1 da LIS que realicen actividades económicas, agás que tributen a un tipo inferior, no primeiro período impositivo en que a base impoñible resulte positiva e no seguinte, consignarán no recadro [00562] o resultado de efectuar a seguinte operación:

    [00562] = [00552] x 15/100

  • As entidades de nova creación constituídas entre o 1-1-2013 e o 31-12-2014 que realicen actividades económicas, e que segundo a disposición transitoria vixésimo segunda da LIS poden seguir aplicando o tipo de gravame establecido na disposición adicional décimo novena do RDLeg. 4/2004, no primeiro período impositivo en que a base impoñible resulte positiva e no seguinte, consignarán no recadro [00562] o resultado de efectuar a seguinte operación:

    • Se a base impoñible do período impositivo é igual ou inferior a 300.000 euros:

      [00562] = [00552] x 15/100

    • Se a base impoñible do período impositivo é superior a 300.000 euros:

      [00562] = 300.000 x 15/100 + ([00552] – 300.000) x 20/100

      Cando as devanditas entidades se encontren no suposto anterior e o seu período impositivo teña unha duración inferior ao ano, o cálculo do recadro [00562] será:

      • Se a base impoñible do período impositivo é igual ou inferior  a 300.000 euros x d/365:

        [00562] = [00562] x 15/100

      • Se a base impoñible do período impositivo é superior a 300.000 euros x d/365:

        [00562] = 300.000 x d/365 x 15/100 + ([00552] – (300.000 x d/365)) x 20/100

      Sendo «d» o número de días de duración do período impositivo, entendendose que cando o mesmo teña 1 ano de duración conterá, en todo caso, 365 días.

2. Entidades da Zona Especial Canaria

No caso destas entidades, a cantidade que hai que consignar no recadro [00562] será o resultado da seguinte operación:

[00562] = [00559] × ([00558]/100) + ([00552] - [00559]) × 25/100