Mantemento do investimento. Requisitos formais da dedución
Os elementos patrimoniais obxecto do reinvestimento deberán permanecer en funcionamento no patrimonio do contribuínte, agás perda xustificada, ata que se cumpra o prazo de cinco anos, ou de tres anos se se trata de bens mobles, agás se a súa vida útil conforme ao método de amortización dos admitidos no artigo 11 do RDLeg. 4/2004, que se aplique, for inferior.
A transmisión dos elementos patrimoniais obxecto do reinvestimento antes da finalización do prazo mencionado no parágrafo anterior determinará a perda da dedución, agás se o importe obtido ou o valor neto contable, se fóra menor, é obxecto de reinvestimento. En tal caso, a perda do dereito desta dedución regularizarase na forma establecida no artigo 137.3 do RDLeg . 4/2004.
Como requisito formal, os contribuíntes deben facer constar na memoria das contas anuais o importe da renda acollida á dedución prevista neste apartado e a data do reinvestimento. A devandita mención deberá realizarse mentres non se cumpra o prazo de mantemento a que se fixo referencia anteriormente.