Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2020.

Cálculo

Unha vez obtida a cota diferencial (recadros [00611] e [00612] da páxina 14 bis do modelo 200), o contribuínte deberá ter en conta, se é o caso, os importes correspondentes á regularización de incentivos fiscais indebidamente gozados en períodos impositivos anteriores por incumprimento de requisitos (incluídos os xuros de mora derivados do devandito incumprimento), así como as cantidades de aboamento de deducións solicitadas no período impositivo á Administración tributaria por insuficiencia de cota.

O resultado do proceso anterior determina a cantidade que hai que ingresar ou a devolver do período impositivo.

Con esta finalidade, o contribuínte que tribute exclusivamente á Administración do Estado deberá reflectir no recadro [00621] «Líquido a ingresar ou a devolver (Estado)» da páxina 14 bis do modelo 200, co seu signo, o resultado de efectuar a seguinte suma alxébrica:

[00621] = [00611] + [00615] + [00633] + [00617] + [00619] + [00083] + [01042]

No caso de que o contribuínte tribute ante unha ou varias das Deputacións Forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e / ou Comunidade Foral Navarra, deberá reflectir no recadro [00622] «Líquido a ingresar ou a devolver D. Forais/Navarra (totais)» da páxina 14 bis do modelo 200, co seu signo, o resultado de efectuar a seguinte suma alxébrica:

[00622] = [00612] + [00616] + [00642] + [00618] + [00620] + [01332] + [01333]

Para ter en conta:

En todo caso, cando nestas operacións se obteña unha cantidade positiva nos recadros [00621] e / ou [00622], o seu importe deberá ser ingresado por medio do correspondente documento de ingreso ou devolución, ao tempo de efectuar a presentación da declaración.

Se se obtén unha cantidade negativa nos devanditos recadros, para obter a devolución da mesma, a entidade declarante deberá solicitara acompañando á declaración o mencionado documento de ingreso ou devolución.

No suposto en que o resultado da autoliquidación practicada sexa unha cantidade a devolver, non esqueza que a cantidade cuxa devolución se solicita sempre debe ir precedida do signo menos (-).

As entidades pertencentes a un grupo fiscal (recadros [00009] e [00010] da páxina 1 do modelo 200) deberán cubrir obrigatoriamente os recadros [00601] a [00622].