Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021.

Recadro 00078 Diocese, provincia relixiosa ou entidade eclesiástica que integra entidades menores delas dependentes

Marcarán este recadro aquelas entidades eclesiásticas que, previa solicitude ao Ministerio de Facenda (actualmente, Ministerio de Facenda e Función Pública), obtivesen o recoñecemento como contribuínte do Imposto sobre Sociedades cun ámbito máis amplo ao correspondente ao da súa propia personalidade xurídica. Desta forma unha vez recoñecido, recaerán sobre o contribuínte co ámbito máis amplo (normalmente, diocese ou provincia relixiosa) todas as obrigas relativas ao tributo, englobando as correspondentes ás actividades e rendementos das entidades inferiores que dese contribuínte dependan.

Lembre:

As entidades eclesiásticas cun ámbito máis amplo que marcasen o recadro [00078], deberán cubrir tamén o apartado «C) Entidades menores dependentes de diocese, provincia relixiosa ou entidade eclesiástica integradas na declaración, previamente autorizadas» da páxina 2 bis do modelo 200, consignando o número de identificación fiscal (NIF) e o nome ou razón social de cada unha das entidades menores que delas dependan.