3.4.2. Solicitude e recepción de información tributaria
-
Solicitude
A través da Sede electrónica accédese ao trámite para o rexistro da solicitude de información (ligazón ao procedemento “Xestión de solicitudes de información non estruturada Nova xanela ”).
O procedemento consta dun trámite xenérico “Solicitude de información non estruturada de organismo xenérico” e vario trámites específicos para os seguintes organismos: Defensor del Pueblo, Oficina de Recuperación e Xestión de Activos, Axencia Española de Protección de Datos, organismos competentes en procedementos para a xestión do Covid 19 e organismos competentes para a xestión de axudas directas do Real decreto-lei 5/2021.
Para poder rexistrar a solicitude cumprirá autenticarse co correspondente certificado electrónico ou cl@ve PIN, encher o formulario de Rexistro correspondente e anexar a solicitude de información propiamente dita, asinada polo titular do órgano competente.
Os principais campos da pantalla de xeración da solicitude que se deben cubrir son os seguintes:
-
Datos do trámite:
-
Asunto. Texto descritivo da petición.
-
-
Datos do Organismo:
-
Para obter o Código Organismo Directorio Común díspónse dunha axuda que permite a súa selección.
-
NIF do Organismo peticionario.
-
-
Datos de contacto:
-
A identificación do presentador cóllese do certificado ou clave PIN.
-
O correo electrónico ou o teléfono serán imprescindible para a comunicación do aviso de posta a disposición, xa que canda o Código Seguro de Verificación (CSV), permitirán acceder á posta a disposición da información.
-
Unha vez reenchidos os campos anteriores e engadido o ficheiro co citado documento de solicitude, débese pulsar en “Presentar”. Ao pulsar presentar, ademais de realizar validación de todos os datos como en calquera presentación polo rexistro electrónico da AEAT, valídase que o Organismo peticionario ten asignado NIF na táboa xenérica DIR3. Se non existe o NIF nesta táboa débese cubrir para poder realizar a solicitude. Non se permiten solicitudes sen NIF do órgano peticionario.
Unha vez rexistrada a solicitude recibirase un xustificante de recepción de Rexistro e será asignada ao órgano da Axencia Tributaria competente para resolver en función do ámbito territorial de competencias do organismo peticionario.
-
-
Resposta
O funcionario competente da AEAT tramita a solicitude e xera un Expediente Electrónico co informe ou informes solicitados. A Vista deste Expediente Electrónico ponse a disposición do solicitante na Sede da AEAT.
Para poder acceder á Vista, o persoal autorizado do organismo ao que se lle practicase unha posta a disposición:
-
Recibirá o Código Seguro de Verificación (CSV) da Vista que se puxese a disposición, que actúa a modo de chave de acceso á mesma.
-
Deberá entrar na Sede electrónica da AEAT (ligazón ao procedemento “Xestión de solicitudes de información non estruturada Nova xanela ”) e, tras seleccionar a xestión “Posta a disposición de información”, identificarse mediante algún método aceptado (certificado ou cl@ve PIN) e introducir o CSV da Vista posta a disposición. Comprobarase que a devandita Vista foi posta a disposición dunha persoa ou organismo que corresponda co NIF co que se identificou.
-
En caso de ter autorización, accederá a ver a Vista posta a disposición e poderá picar para ver cada un dos documentos e descargarse aqueles que estime oportuno ou o expediente enteiro.
-
Quedará constancia de cada acceso externo a esa Vista, así como logs desas descargas.
-