3.3.4. Probas de servizos web
A Axencia Tributaria dispón dun medio de Integración para facilitar as probas previas dos servizos web antes do inicio das peticións no medio de Produción. No medio de Integración poderanse consultar unicamente uns NIFs de probas preparadas para que se poidan validar os diferentes casos de uso relativo ao servizo web a invocar.
Cando se proceda a autorizar o uso dun servizo web da Axencia Tributaria, tamén se autorizará o mesmo servizo web no medio de Integración para que realicen todas as probas necesarias previas. Para iso, no formulario de alta para solicitar información a través de servizos web Nova xanela, deberase indicar o detalle do certificado electrónico que se usará neste medio.
Tamén cabe a posibilidade de solicitar o uso do medio de probas exclusivamente; neste caso deberase remitir o formulario de alta para solicitar información a través de servizos web Nova xanela asinada polo responsable do desenvolvemento informático (non cómpre que o faga o titular do organismo) canda a clave pública do certificado que se usará para este medio, á caixa de correo de correo usuariounico@correo.aeat.es.
Na documentación relativa aos servizos web (Índice de servizos web para subministracións de información Nova xanela ) inclúese a información necesaria para utilizar este medio de Integración.