Cuestións xerais
Describímosche brevemente os aspectos xerais da Solución Pública de Facturación Electrónica e do Sistema de facturación electrónica obrigatoria entre empresarios e profesionais, en que se inclúe
Obrigas dos intervenientes no Sistema de factura electrónica
-
Os empresarios e os profesionais estarán obrigados a emitir as Facturas Electrónicas (FE) aos seus clientes empresarios e profesionais e a recibiras dos seus provedores a través das Plataformas Privadas de Intercambio de facturas electrónicas, mediante a Solución Pública de Facturación Electrónica (SPFE) ou mediante a combinación de ambas as dúas vías.
-
As plataformas, solucións ou sistemas de facturación que utilicen os empresarios ou profesionais obrigados a emitir e recibir FE, que non utilicen a SPFE para emitir as súas facturas, estarán obrigadas a remitir simultaneamente á súa emisión unha copia fiel de cada factura na sintaxe UBL (Universal Business Language) á solución pública. Débese ter en conta que:
A copia fiel contén un resumo de información tributaria derivada das FE orixinais coa semántica e sintaxes equivalentes á de SPFE e de acordo ao contido e especificacións definidas na Orde HAC/1028/2026, do 2 de outubro.
Enviaranse sempre marcadas como copia fiel.
A copia fiel non é a factura orixinal, que pode ser emitida noutra sintaxe admitida.
-
Os destinatarios das FE deberán comunicar o pagamento completo, as datas de pagamento e de vencemento do prazo da factura á SPFE .
-
Os destinatarios de FE deberán informar o obrigado a expedir a factura da aceptación ou rexeitamento comercial da factura e a súa data, e do pagamento efectivo completo da factura.