Cuestións específicas sobre tributación de inmobles
Tributación correspondente a rendementos, ganancias patrimoniais e renda imputada
Tipos de rendas procedentes de inmobles
As rendas derivadas dos inmobles situados en España están sometidas ao Imposto sobre a Renda de non Residentes.
Se un inmoble é propiedade dun matrimonio ou de varias persoas, cada unha delas é un contribuínte independente que deberá presentar declaracións separadas.
As rendas que poden obter os contribuíntes propietarios de inmobles son:
En caso de contribuínte persoa física non residente:
- renda imputada de inmobles urbanos, se o inmoble é para uso propio ou está desocupado
- rendementos de inmobles arrendados, se o inmoble está alugado
- ganancia patrimonial, en caso de venda do inmoble
En caso de contribuínte persoa xurídica ou entidade non residente:
- rendementos de inmobles arrendados, se o inmoble está alugado
- ganancia patrimonial, en caso de venda do inmoble.
- Se a entidade é residente nun paraíso fiscal (con efectos desde o 11 de xullo de 2021, as referencias efectuadas a paraísos fiscais enténdense efectuadas á definición de xurisdición non cooperativa), pode estar suxeita ao Gravame Especial sobre Bens Inmobles de Entidades non Residentes.