Funcionamento e manexo da Plataforma Informativas (última versión)
Saltar índice da informaciónComo obter ficheiro desde a Plataforma Informativas para a súa presentación
Unha vez cumprimentada e validada a declaración polo programa de axuda, na opción "Presentación de declaracións", poderase obter a declaración para efectuar a presentación da forma seleccionada.
Para que apareza habilitada a opción "Presentación de declaracións" cómpre abrir a declaración ou seleccionara na pestana "Declarantes". Na barra de ferramentas da pestana "Declarantes" localiza a quinta icona (identificado por unha bóla do mundo e unha carpeta). Tamén podes facer clic co botón dereito sobre a declaración que queiras obter e utilizar a opción "Presentación de declaracións", ou ben acceder ao menú "Utilidades", "Presentar a declaración...".
Se a declaración está correctamente cumprimentada e non hai erros, no momento da obtención da declaración poderás seleccionar o tipo de obtención que queres realizar. Segundo o modelo seleccionado, aparecerá no asistente as formas admitidas para a súa presentación.
Na axuda da Plataforma, dentro do apartado "Presentación de declaracións", poderá obter máis información sobre as distintas formas de presentación segundo o modelo e o exercicio. Para iso, faga clic na ligazón que aparece no asistente para a obtención da declaración, "na axuda da Plataforma ".
Tamén está dispoñible esta información dentro da Plataforma Informativa, accedendo a "Axuda", "Axuda plataforma" no menú de opcións da parte superior (dentro do modelo correspondente), no apartado "Presentación de declaracións".