Modelos do 181 ao 189
Saltar índice da informaciónModelo 182 Presentación mediante ficheiro
O acceso á presentación do modelo 182 mediante ficheiro require identificarse co sistema Cl@ve (só compareces físicas) ou con certificado electrónico do declarante ou dunha persoa ou entidade autorizada a realizar presentacións en nome de terceiros: colaborador social ou apoderado.
Tendo en conta que non se admitirá a presentación de rexistros con erros ou non identificados, suxerímosche non pospor os envíos e dispor do tempo suficiente para corrixir os rexistros erróneos. Así mesmo, para evitar erros de identificación, che rercomendamos depurar previamente o censo de contribuíntes de cada empresa mediante o servizo de Identificación fiscal.
Ademais, cumprirá dispor dun ficheiro coa declaración que vas transmitir, cos datos axustados ao deseño de rexistro publicado. Para a presentación electrónica cómpre dispor dun ficheiro da declaración que vas transmitir, cos datos axustados ao deseño de rexistro actualizado. Todos os campos alfanuméricos e alfabéticos presentaranse aliñados á esquerda e recheos de brancos pola dereita, en maiúsculas sen caracteres especiais, e sen vogais acentuadas. Para os caracteres específicos do idioma utilizarase a codificación ISO-8859-1.
Todos os campos numéricos presentaranse aliñados á dereita e recheos a ceros pola esquerda sen signos e sen empaquetar.
Todos os campos terán contido, se non é que se especifique o contrario na descrición do campo. Se non o tivesen, os campos numéricos encheranse a ceros e tanto os alfanuméricos coma os alfabéticos a brancos.
Cobre o NIF do declarante e verifica os datos nos campos "Modelo" e "Exercicio".
Para enviar un arquivo pulsa "Ler Ficheiro" e, a continuación, "Seleccione o ficheiro que hai que validar" para escoller o arquivo.
Desde a opción "Recuperar" podes volver cargar o último ficheiro validado pola aplicación para ese modelo, exercicio e NIF.
Verifica que os datos son correctos e fai clic en "Validar" para transmitir o ficheiro.
Durante a transmisión aparecerán dúas barras de progreso informando da porcentaxe de validación, tanto do ficheiro coma dos rexistros.
Ao finalizar a transmisión mostrarase o resumo do resultado da validación.
Nota: Neste paso do proceso só valídase o ficheiro. A presentación poderá realizarse en pasos posteriores.
Se a validación é correcta, poderás realizar a presentación e obter o xustificante correspondente. Se se detectan erros incluirase a desagregación dos rexistros correctos e erróneos e estarán dispoñibles as opcións "Presentar rexistros correctos", "Descargar rexistros erróneos" e "Descargar mensaxes de erro".
Presentar rexistros correctos
Selecciona esta opción para presentar unicamente os rexistros correctos.
Na seguinte xanela marca "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Obterás o recibo de presentación só cos rexistros correctos presentados nun PDF incrustado, que poderás gardar e imprimir. O documento contén a información da presentación: número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador.
Os rexistros erróneos que non quedaron presentados deberán corrixirse posteriormente para a súa presentación mediante declaración complementaria.
Descargar rexistros erróneos
Mediante esta opción poderás descargar un ficheiro de texto (axustado ao deseño publicado) con todos os rexistros erróneos.
O ficheiro descargado estará actualizado para ser coherente co nº de rexistros incluídos. Ademais, no rexistro de tipo 1 (declarante e resumo) xa se incluirá un nº identificativo propio, a marca de complementaria e o xustificante da presentación anterior.
Este ficheiro é para a súa corrección e presentación. Non contén información sobre os erros detectados.
Descargar mensaxes de erro
O ficheiro de texto descargado contén o detalle dos erros detectados para cada rexistro erróneo de tipo 2 (Declarados). En cada liña mostrarase un rexistro de detalle erróneo coa súa mensaxe de erro correspondente. Cómpre mover a barra de desprazamento ata o final das liñas para poder visualizar os códigos e descricións dos erros.
Este arquivo ten un carácter informativo. Será de utilidade para identificar os erros detectados e proceder á súa corrección e presentación.