Modelos do 291 ao 347
Saltar índice da informaciónModelo 291
O acceso á presentación do modelo 291 require identificarse co certificado electrónico do declarante ou dunha persoa ou entidade autorizada a realizar presentacións en nome de terceiros: colaborador social ou apoderado.
Tendo en conta que non se admitirá a presentación de rexistros con erros ou non identificados, é recomendable non pospor os envíos e dispor do tempo suficiente para corrixir os rexistros erróneos. Así mesmo, para evitar erros de identificación, recoméndase depurar previamente o censo de contribuíntes de cada empresa mediante o servizo "Comprobación dun NIF de terceiros a efectos censuais" dispoñible na sección "Servizos de axuda", "Identificación fiscal" en "Campaña de declaracións informativas 2022". Tamén dispós deste servizo nos trámites do modelo 030.
Ao acceder virá seleccionado por defecto o modelo 291, o exercicio 2022 e o período anual. Indica o NIF do declarante.
Necesitas dispor dun ficheiro coa declaración que vas transmitir, cos datos axustados ao deseño de rexistro publicado.
Para enviar unha declaración pulsa "Ler Ficheiro" e, a continuación, "Seleccione o ficheiro que hai que validar" para seleccionar o arquivo. Desde a opción "Recuperar" podes volver cargar o último ficheiro validado pola aplicación para ese modelo, exercicio, período e NIF. Se optas por validar un novo ficheiro mediante a opción "Ler ficheiro" calquera envío anterior para a combinación selecconada de Modelo + Exercicio + Período + NIF declarante perderase, xa que, só se recupera a última validación.
Verifica que os datos sexan correctos e fai clic en "Validar" para transmitir o ficheiro.
Durante a transmisión aparecerán dúas barras de progreso informando da porcentaxe de validación, tanto do ficheiro coma dos rexistros. Ao finalizar mostrarase o resumo do resultado da validación co desagregación de rexistros correctos e erróneos ou non identificados. Poderás optar por presentar só os correctos e descargar un ficheiro cos erróneos, para a súa corrección e posterior presentación como declaración complementaria.
Nota: Neste paso do proceso só se valida o ficheiro. A presentación poderá realizarse en pasos posteriores.
Se a validación é correcta, poderás realizar a presentación e obter o xustificante correspondente. Se se detectan erros incluirase a desagregación dos rexistros correctos e erróneos e estarán dispoñibles as opcións "Presentar rexistros correctos", "Descargar rexistros erróneos" e "Descargar mensaxes de erro".
Presentar rexistros correctos
Selecciona esta opción para presentar unicamente os rexistros correctos. Na seguinte xanela marca "Conforme" e pulsa "Asinar e enviar".
Obterás o recibo de presentación só cos rexistros correctos presentados nun PDF, que poderás gardar e imprimir. O documento contén a información da presentación: número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador.
Nota: Os rexistros erróneos non presentados deberán corrixirse posteriormente para a súa presentación mediante declaración complementaria.
Descargar rexistros erróneos
Mediante esta opción poderás descargar un ficheiro de texto (axustado ao deseño publicado) con todos os rexistros erróneos.
O ficheiro descargado estará actualizado para ser coherente co nº de rexistros incluídos. Ademais, no rexistro de tipo 1 (declarante e resumo) xa se incluirá un nº identificativo propio, a marca de complementaria e o xustificante da presentación anterior.
Este ficheiro é para a súa corrección e presentación. Non contén información sobre os erros detectados.
Descargar mensaxes de erro
O ficheiro de texto descargado contén o detalle dos erros detectados para cada rexistro erróneo de tipo 2 (Declarados). En cada liña mostrarase un rexistro de detalle erróneo coa súa mensaxe de erro correspondente. Cómpre mover a barra de desprazamento ata o final das liñas para visualizar os códigos e descricións dos erros.
Este arquivo ten carácter informativo. Será de utilidade para identificar os erros detectados e proceder á súa corrección e presentación.