Modelos do 291 ao 347
Saltar índice da informaciónModelo 347 Presentación mediante ficheiro
A presentación do modelo 347 do exercicio 2023 mediante ficheiro realizarase mediante TGVI en liña.
Mediante esta opción, se o ficheiro contén rexistros correctos xunto a outros erróneos, podes presentar parcialmente os rexistros correctos e descargar os rexistros erróneos, ademais do motivo do erro nun ficheiro TXT para posteriormente, unha vez emendados os erros, enviaros mediante declaracións complementarias.
Recomendamos depurar, previamente á presentación da declaración, o censo dos seus declarados mediante o servizo de Identificación fiscal para evitar erros de identificación. Para iso podes utilizar a opción dispoñible na web: "Comprobación dun NIF de terceiros a efectos censuais" situado en "Servizos de axuda", "Identificación fiscal" do apartado "Campaña declaracións informativas 2023". Tamén encontrarás esta opción nas xestións do modelo 030 dentro de "Censos, NIF e domicilio fiscal" do apartado "Información e xestións".
Cumprirá dispor dun ficheiro coa declaración que vas transmitir, cos datos axustados ao deseño de rexistro publicado.
Ao acceder á presentación, consigna o NIF do declarante e o resto de datos requiridos.
Mediante o botón "Recuperar" mostrarase a información do último ficheiro validado para o mesmo NIF, exercicio e período.
Para enviar un novo arquivo pulsa "Ler ficheiro" e, a continuación "Seleccione o ficheiro que hai que validar", para seleccionar o arquivo.
Verifica que os datos identificativos do declarante, o modelo e o exercicio son correcto e fai clic en "Validar" para transmitir o ficheiro.
Durante a transmisión aparecerán dúas barras de progreso informando da porcentaxe de validación, tanto do ficheiro coma dos rexistros.
Ao finalizar a transmisión mostrarase o resumo do resultado da validación.
Nota: Neste paso do proceso só se valida o ficheiro. A presentación poderá realizarse en pasos posteriores.
Se a validación é correcta, poderás realizar a presentación e obter o xustificante correspondente. Se se detectan erros incluirase a desagregación dos rexistros correctos e erróneos e estarán dispoñibles as opcións "Presentar rexistros correctos", "Descargar rexistros erróneos" e "Descargar mensaxes de erro".
Presentar rexistros correctos
Selecciona esta opción para presentar unicamente os rexistros correctos. Na seguinte xanela marca "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Obterás o recibo de presentación só cos rexistros correctos presentados nun PDF incrustado, que poderás gardar e imprimir. O documento contén a información da presentación: número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador.
Nota: Os rexistros erróneos que non quedaron presentados deberán corrixirse posteriormente para a súa presentación mediante declaración complementaria.
Descargar rexistros erróneos
Descargarase un ficheiro co formato do deseño de rexistro en vigor co total de rexistros erróneos.
Fai click en "Descargar rexistros erróneos" e poderás abrir ou gardar o ficheiro no teu equipo.
Descargar mensaxes de erro
O ficheiro de texto descargado contén o detalle dos erros detectados para cada rexistro erróneo de tipo 2 (Declarados). En cada liña mostrarase un rexistro de detalle erróneo coa súa mensaxe de erro correspondente. Cómpre mover a barra de desprazamento ata o final das liñas para poder visualizar os códigos e descricións dos erros.
Este arquivo ten un carácter informativo. Será de utilidade para identificar os erros detectados e proceder á súa corrección e presentación.