Modelos do 291 ao 347
Saltar índice da informaciónModelo 294
A presentación electrónica mediante ficheiro está dispoñible para o "Modelo 294. Relación individualizada dos clientes perceptores de beneficios distribuídos por Institucións de Investimento Colectivo españolas, así como daqueles por conta dos que a entidade comercializadora efectuase reembolsos ou transmisións de accións ou participacións" do exercicio 2022.
A presentación telemática deste modelo require identificarse con certificado electrónico do declarante. Ademais do propio titular da declaración tamén pode presentara un terceiro que actúe no seu nome, xa sexa un colaborador social ou un apoderado a realizar o trámite.
A continuación, selecciona o certificado e pulsa "Aceptar".
Cómpre que dispoñas dun ficheiro coa declaración que vas transmitir, cos datos axustados ao deseño de rexistro correspondente ao modelo.
Tras a identificación, aparecerá a xanela para cargar o ficheiro. Lee os avisos e pulsa "Elixir arquivo" e así seleccionar o ficheiro desde o explorador de arquivos.
Mostrarase un resumo da declaración. Co botón "Ver" poderás comprobar o deseño de rexistro do ficheiro cargado. Se non contén erros, pulsa o botón "Asinar e enviar" para iniciar a presentación.
Na nova xanela, marca o recadro "Conforme" para confirmar a presentación da declaración. Por último, pulsa "Asinar e Enviar".
O resultado dunha presentación correcta será unha páxina de resposta cun PDF que contén unha primeira folla coa información da presentacon (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.