Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Transmisións de elementos patrimoniais afectos

Normativa: Arts.37.1 n) Lei IRPF e 40.2 e 42 Regulamento IRPF

A transmisión de elementos patrimoniais afectos pertencentes ao inmobilizado material ou intanxible da actividade económica orixina ganancias ou perdas patrimoniais que non se inclúen no rendemento neto da actividade.

A cuantificación do seu importe e a súa tributación efectiva realízase de acordo coas regras contidas na Lei do IRPF para as ganancias e perdas patrimoniais, coa seguinte especialidade:Non se poden aplicar os coeficientes redutores aplicables aos bens adquiridos con anterioridade a 31 de decembro 1994.

Véxase no Capítulo 11 o apartado dedicado á transmisión de elementos patrimoniais afectos.