Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

Regra de pro rata

A Axencia Tributaria incorporou á súa páxina web a ferramenta «Calculadora de pro ratas», onde se pode cuantificar a pro rata, comparando resultados con pro rata xeral e especial e a regularización anual para aplicar a súa porcentaxe definitiva.Tamén facilita respecto aos bens de investimento, a regularización anual e a regularización en caso de transmisión.

A regra de pro rata aplícase cando o suxeito pasivo adquire bens e servizos que utiliza en operacións con dereito e sen dereito a dedución.

Non se aplica ás cotas soportadas en bens ou servizos que non se afecten, directa e exclusivamente, á actividade (salvo as especialidades xa apuntadas respecto dos bens de investimento) e aos excluídos do dereito a deducir (non son deducibles en ningunha medida).

A regra de pro rata pode ser xeral ou especial:

  1. Pro rata xeral
  2. Pro rata especial