Réximes especiais aplicables ás vendas a distancia e a determinadas entregas interiores de bens e prestacións de servizos
Inclúense dentro destes réximes:
O réxime exterior da Unión, aplicable aos servizos prestados por empresarios ou profesionais non establecidos na Comunidade a destinatarios que non teñan a condición de empresarios ou profesionais actuando como tales.
O réxime da Unión, aplicable aos servizos prestados por empresarios ou profesionais establecidos na Comunidade, pero non no Estado membro de consumo, a destinatarios que non teñan a condición de empresarios ou profesionais actuando como tales, ás vendas a distancia intracomunitarias de bens e ás entregas interiores de bens realizadas nas condicións previstas no artigo 8 bis.b) da Lei do IVA.
O réxime de importación, aplicable ás vendas a distancia de bens importados de países ou territorios terceiros, sempre que o seu valor non exceda de 150 euros.
Os réximes anteriores veñen a substituír con efectos 1 de xullo de 2021 aos réximes especiais aplicables aos servizos de telecomunicacións, de radiodifusión ou de televisión e aos prestados por vía electrónica:
O réxime especial aplicable aos servizos de telecomunicacións, de radiodifusión ou de televisión e aos prestados por vía electrónica por empresarios ou profesionais non establecidos na Comunidade.
O réxime especial aplicable aos servizos de telecomunicacións, de radiodifusión ou de televisión e aos prestados por vía electrónica por empresarios ou profesionais establecidos na Comunidade, pero non no estado membro de consumo.
Os réximes substituídos permitían ingresar mediante unha única autoliquidación o IVA debido en diferentes Estados membros polos servizos de telecomunicacións, radiodifusión ou televisión e prestados por vía electrónica a consumidores finais.
Estes régimenes denomináronse “mini Xanela Única” ou “Mini One-Stop Shop” (MOSS) e o seu obxectivo fundamental era minorar a “cargas fiscais indirectas” dos empresarios ou profesionais prestadores dos servizos incluídos nestes, evitando que tivesen que darse de alta en cada Estado membro de consumo e permitíndolles presentar as súas declaracións dende un único Estado membro.
A substitución destes réximes polos novos ten por obxecto ampliar as operacións que poden acollerse ao mecanismo de xanela única, ampliación que se acompaña dos seguintes cambios introducidos polo artigo décimo do Real Decreto-lei 7/2021, do 27 de abril, e polo Real Decreto 424/2021, do 15 de xuño:
A modificación do réxime comunitario de vendas a distancia mediante a creación dunha nova categoría de entrega de bens:as vendas intracomunitarias a distancia.O novo réxime implica a tributación en destino das vendas intracomunitarias a particulares, agás as efectuadas polas microempresas establecidas nun único Estado membro que realicen vendas intracomunitarias a particulares doutros Estados membros de forma ocasional, que tributarán no Estado membro de establecemento ata alcanzar o límite de 10.000 euros (IVA excluído) e no Estado membro de consumo unha vez superado o límite anterior, coa posibilidade de optar pola tributación en destino aínda non superado o límite.
A implantación dun réxime especial de natureza similar ao réxime comunitario de vendas a distancia para as vendas de bens importados de países ou territorios terceiros, que incorpora unha exención na importación daqueles bens polos que o suxeito pasivo se acolla ao novo réxime de importación que se crea.
Elimínase a exención do IVA á importación para bens de escaso valor.
A implicación das plataformas dixitais na recadación do IVA devindicado en determinadas vendas a distancia de bens importados e vendas localizadas no interior da Comunidade.Para iso, introdúcense as modificacións necesarias para consideralas suxeitos pasivos en determinadas operacións nas que interveñan nas que se considerará que reciben os bens do provedor e entréganos ao consumidor final.Co obxecto de evitar unha dobre imposición, a entrega do provedor á plataforma estará exenta e dará dereito a deducir.
A unificación do límite determinante da tributación en destino das vendas intracomunitarias a distancia e dos servizos de telecomunicacións, radiodifusión ou televisión e prestados por vía electrónica efectuadas ou prestados polas microempresas establecidas nun único estado membro.
Como consecuencia dos cambios anteriores, a “mini Xanela Única” pasa a denominarse “Xanela Única” ouOne-Stop Shop” (OSS) e créase a “Import One-Stop Shop” (IOSS), pasando a incluírse na xanela única dende 1 de xullo de 2021, ademais dos servizos de telecomunicacións, radiodifusión ou televisión e os prestados por vía electrónica a consumidores finais, as seguintes operacións:
As vendas intracomunitarias a distancia de bens.
As vendas a distancia de bens importados.
Todos os servizos prestados a consumidores finais por empresarios ou profesionais non establecidos na Comunidade.
Todos os servizos prestados a consumidores finais por empresarios ou profesionais establecidos na Comunidade, pero non no Estado membro de consumo.
As entregas de bens localizadas no interior da Comunidade cuxo suxeito pasivo sexa unha interface electrónica de acordo co disposto no artigo 8.bis.b) da Lei do IVA.
Os novos réximes complétanse coa introdución dunha modalidade especial para a declaración e pagamento das importacións efectuadas por aqueles empresarios ou profesionais que, cumprindo determinados requisitos e tendo dereito a acollerse ao réxime de importación, non se acollan a este.