Saltar ao contido principal
Manual práctico IVE 2021.

Contido do réxime simplificado

O réxime simplificado aplicarase a cada unha das actividades desenvolvidas polo empresario ou profesional que se encontren recollidas na Orde Ministerial que regula este réxime, entendendose por actividades independentes cada unha das recollidas especificamente na devandita Orde.

Exemplo:

Unha persoa encóntrase dada de alta en tres epígrafes distintos do IAE:

  • Epígrafe 653.2: Comercio polo miúdo de aparellos de uso doméstico

  • Epígrafe 653.4: Comercio polo miúdo de materiais de construción

  • Epígrafe 653.5: Comercio polo miúdo de portas, xanelas e persianas

Porén, só se realizan dúas actividades independentes para os efectos do réxime simplificado do IVE :

  • Actividade 1: Comercio polo miúdo de material e aparellos eléctricos, electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica, así como mobles de cociña.

  • Actividade 2: Comercio polo miúdo de materiais de construción, artigos e mobiliario de saneamento, portas, xanelas, persianas, etc.

  1. Determinación do importe a ingresar ou a devolver
  2. Circunstancias extraordinarias
  3. Actividades de tempada