Acordos previos
Para os efectos de aplicar a presente redución, con carácter previo á realización das operacións, o contribuínte poderá solicitar á Administración tributaria a adopción dun acordo previo de valoración en relación cos ingresos procedentes da cesión dos activos e dos gastos asociados, así como das rendas xeradas na transmisión.
A devandita solicitude acompañarase dunha proposta de valoración, que se fundamentará no valor de mercado.
A proposta poderá entenderse desestimada unha vez transcorrido o prazo de resolución.
Así mesmo, con carácter previo á realización das operacións, o contribuínte poderá solicitar á Administración tributaria un acordo previo de cualificación dos activos como pertencentes a algunha das categorías a que se refire o artigo 23.1 da LIS, e de valoración en relación cos ingresos procedentes da cesión daqueles e dos gastos asociados, así como das rendas xeradas na transmisión.
A referida solicitude acompañarase dunha proposta de valoración, que se fundamentará no valor de mercado.
A proposta poderá entenderse desestimada unha vez transcorrido o prazo de resolución.
A resolución deste acordo requirirá informe vinculante emitido pola Dirección Xeral de Tributos, en relación coa cualificación dos activos. En caso de estimaro procedente, a Dirección Xeral de Tributos poderá solicitar opinión non vinculante ao respecto, ao Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.