Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2020.

Comunicación

Regulación: Artigos 89.1 LIS e 48 e 49 RIS

A realización das operacións ás que nos habemos referidos no apartado anterior «Operacións ás que se aplica o réxime especial» (artigos 76 e 87 da LIS) deberá ser obxecto de comunicación á Administración tributaria:

  • Presentación

    Deberá ser presentada pola entidade adquirente das operacións, sempre que sexa residente en territorio español. Se a entidade adquirente non é residente en territorio español, a devandita comunicación realizarase pola entidade transmitente.

    No caso de operacións en que nin a entidade adquirente nin a transmitente son residente en territorio español, a comunicación deberá ser presentada polos socios da entidade transmitente, sempre que sexan residentes en territorio español. En caso contrario, a comunicación será efectuada pola entidade transmitente.

  • Prazo de presentación

    Deberá presentarse dentro do prazo dos tres meses seguintes á data de inscrición da escritura pública en que se documente a operación.

    Se a inscrición non fose necesaria , o prazo computarase desde a data en que se outorgue a escritura pública ou documento equivalente que corresponda á operación.

    Nas operacións de cambio de domicilio social, a comunicación deberá realizarse dentro do prazo dos tres meses seguintes á data de inscrición no rexistro do Estado membro do novo domicilio social da escritura pública ou documento equivalente en que se documente a operación.

    No caso de operacións en que nin a entidade adquirente nin a transmitente sexan residente en territorio español, a comunicación realizarase no prazo previsto para a presentación das declaracións ou autoliquidacións correspondentes aos socios da entidade transmitente, sempre que sexan residentes en territorio español. En caso contrario, aplicarase o prazo previsto no primeiro parágrafo.

  • Lugar de presentación

    A comunicación debe dirixirse a Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria do domicilio fiscal das entidades, ou se é o caso, ás Dependencias Rexionais de Inspección ou á Delegación Central de Grandes Contribuíntes, ás que estean adscritas.

  • Contido da comunicación:

    • Identificación das entidades participantes na operación e descrición da mesma.

    • Copia da escritura pública ou documento equivalente que corresponda á operación.

    • Se as operacións se realizaron mediante unha oferta pública de adquisición de accións, deberá achegarse tamén copia do correspondente folleto informativo.

    • Indicación, se é o caso, da non aplicación deste réxime fiscal especial.