Cuestións a ter en conta na liquidación do Imposto en 2024
Informámosche das principais novidades para a Campaña de Sociedades 2024
Pagamento da débeda con tarxeta ou bizum
Para aquelas declaracións cuxo resultado sexa a ingresar, introdúcese unha mellora significativa no referente aos medios de pagamento. Aos medios de pagamento tradicional, domiciliación, pagamento electrónico mediante cargo en conta ou obtención directa do Numero de Referencia Completa (NRC), engádese nesta campaña o pagamento mediante tarxeta de crédito ou débito en condicións de comercio electrónico seguro ou mediante transferencias instantáneas efectuadas a través de plataformas de comercio electrónico seguro (BIZUM).