Axustes pola limitación na deducibilidade de gastos financeiros
En aplicación do que se dispón no artigo 16 da LIS, o contribuínte deberá realizar unha serie de axustes nos recadros [00363] e [00364] «Axustes pola limitación na deducibilidade en gastos financeiros (art. 16 LIS)» da páxina 12 do modelo 200:
-
No período impositivo en que se contabilicen os gastos financeiros netos, o contribuínte deberá realizar un axuste positivo no recadro [00363] polo importe deses gastos que non sexan deducibles.
-
Cando en períodos impositivos posteriores os devanditos gastos sexan deducibles, o contribuínte realizará axustes negativos no recadro [00364] polo importe dos mesmos.