Modelos do 038 ao 180
Saltar índice da informaciónModelo 180. Presentación mediante ficheiro
A presentación do modelo 180 por ficheiro realízase mediante o sistema TGVI en liña. Esta vía de presentación está dispoñible para ficheiros voluminosos, obrigatoriamente para aqueles que superen os 40.000 rexistros, aínda que se permitirá a presentación de ficheiros con calquera número de rexistros.
Lembrámosche que as vías de presentación dispoñibles, formulario web e ficheiro, son excluíntes; é dicir, a primeira declaración presentada condiciona a vía de entrada do resto de declaracións.
Cumprirá dispor dun ficheiro coa declaración que vas transmitir, cos datos axustados ao deseño de rexistro publicado.
Mediante esta opción, se o ficheiro contén rexistros correctos xunto a outros erróneos, podes presentar parcialmente o ficheiro con só os rexistros correctos e descargar os rexistros erróneos, ademais do motivo do erro nun ficheiro TXT para posteriormente, unha vez emendados os erros, enviaros mediante declaracións complementarias.
Recomendámosche depurar, previamente á presentación da declaración, o censo dos teus declarados mediante o servizo de Identificación fiscal para evitar erros de identificación.
A presentación do modelo 180 require identificarse con certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve do declarante. Tamén é posible que realice a presentación un colaborador social habilitado para presentar declaracións en nome de terceiras persoas ou un apoderado do declarante.
Cobre os datos requiridos na xanela inicial. Unha vez indicado o período da declaración e o NIF do declarante pulsa "Recuperar" se desexas cargar a información do último ficheiro validado para o mesmo NIF, exercicio e período ou "Ler ficheiro" e, a continuación "Seleccion o ficheiro que hai que validar", para seleccionar o arquivo.
Verifica que os datos identificativos do declarante, o modelo e o exercicio son correcto e fai clic en "Validar" para transmitir o ficheiro.
Durante a transmisión aparecerán dúas barras de progreso informando da porcentaxe de validación, tanto do ficheiro coma dos rexistros.
Ao finalizar a transmisión mostrarase o resumo do resultado da validación.
Nota: Neste paso do proceso só valídase o ficheiro. A presentación terá que realizarse nun paso posterior.
Se a validación é correcta, poderás realizar a presentación e obter o xustificante correspondente. Se se detectan erros incluirase a desagregación dos rexistros correctos e erróneos e estarán dispoñibles as opcións "Presentar rexistros correctos", "Descargar rexistros erróneos" e "Descargar mensaxes de erro". Como novidade para 2023, cando se detecten rexistros validados correctamente pero que presenten avisos ou advertencias, habilitarase tamén o botón "Descargar avisos" desde o que poderás obter un ficheiro de texto cos devanditos rexistros.
Presentar rexistros correctos
Selecciona esta opción para presentar unicamente os rexistros correctos. Na seguinte xanela marca "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Obterás o recibo de presentación só cos rexistros correctos presentados nun PDF incrustado, que poderás gardar e imprimir. O documento contén a información da presentación: número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador.
Os rexistros erróneos que non quedaron presentados deberán corrixirse posteriormente para a súa presentación mediante unha declaración complementaria.
Descargar avisos
Selecciona esta opción para descargar o ficheiro de texto cos rexistros que continenen avisos ou advertencias e que convén revisar. Fai click en "Descargar avisos" e poderás abrir ou gardar o ficheiro no teu equipo.
O ficheiro de texto descargado contén o detalle dos avisos detectados. Incluirase o rexistro tipo 2 que xerou o aviso, a continuación un separador e por último a mensaxe de aviso.
O ficheiro incluirá unha liña por cada rexistro tipo 2. Se un mesmo rexistro contivese máis dunha condición de aviso/advertencia, entón o mesmo rexistro tipo 2 poderá aparecer en varias liñas do mesmo ficheiro, en cada unha delas cun mensaxe de aviso diferente.
Descargar rexistros erróneos
Descargarase un ficheiro co formato do deseño de rexistro en vigor co total de rexistros erróneos.
Fai click en "Descargar rexistros erróneos" e poderás abrir ou gardar o ficheiro no teu equipo.
Descargar mensaxes de erro
O ficheiro de texto descargado contén o detalle dos erros detectados para cada rexistro erróneo de tipo 2 (Declarados). En cada liña mostrarase un rexistro de detalle erróneo coa súa mensaxe de erro correspondente. Cómpre mover a barra de desprazamento ata o final das liñas para poder visualizar os códigos e descricións dos erros.
Este arquivo ten carácter informativo e é útil para identificar os erros detectados e proceder á súa corrección e presentación.