Formulario do modelo 143 - presolicitude
Presentarase unha solicitude por cada dedución á que se poida ter dereito e, no caso de ascendentes ou descendentes a cargo, unha solicitude para cada ascendente ou descendente que dea dereito á dedución.
Antes de empezar a formalización, revisa os Avisos que figuran na parte superior do formulario.
Indica o tipo de dedución e a modalidade de solicitude. A modalidade seleccionada no momento da presentación só poderá modificarse durante o mes de xaneiro. Lembra que, nas solicitudes colectivas de familia numerosa, deben consignarse como solicitantes unicamente os ascendentes, agás cando se trate de irmáns orfos de pai e nai, en cuxo caso serán os solicitantes. Polo tanto, non deben incorporarse os fillos ás solicitudes de aboamento anticipado por familia numerosa.

O resto de datos que se debe incorporar na solicitude de aboamento anticipado son os seguintes:
- Os datos do solicitante, no caso dunha solicitude individual, ou o designado como primeiro solicitante, se se trata dunha solicitude colectiva. Neste apartado hai que indicar o Réxime ou Mutualidade, agás os contribuíntes que perciben prestacións por desemprego ou pensións dos réximes de previsión social ou asimilada que deberán marcar o recadro de non cotización que corresponda.
- No caso de solicitudes colectivas, os datos do resto de solicitantes que teñan tamén dereito á dedución.
- O código IBAN da conta bancaria para o aboamento de que sexa titular o beneficiario do aboamento anticipado da dedución.
- A información solicitada sobre a familia numerosa ou o ascendente ou descendente discapacitado que xera o dereito á dedución.
Desde a icona flotante "ADI, Necesitas axuda?" que aparece na esquina inferior dereita, dentro do propio formulario, pode pórse en contacto cun axente especializado mediante chat (suxeito a horarios) e pedir que lle chamen indicando un número de teléfono.
Finalizada a formalización da solicitude, pulsa "Validar".

Revisa os datos e fai clic en "Xerar PDF".

O xestor de descargas do navegador permitirá abrir ou gardar o ficheiro PDF xerado. Abre o documento, comproba que os datos son correctos e imprimeo.

Lembra que todos os solicitantes que constan nunha solicitude colectiva terán que asinar o documento de presolicitude no apartado correspondente do exemplar para a Administración.

A confirmación da presolicitude poderá realizarse en calquera Administración ou Delegación da Axencia Tributaria, con cita.
Lembrámosche que desde o apartado "Asistencia e cita" poderás solicitar atención personalizada para calquera dos servizos do catálogo ofrecido pola Axencia Tributaria a través destas canles: cita telefónica, cita en oficinas ou chat. Ademais, están dispoñibles tanto o teléfono de información xeral e cita, o 91 333 53 33, como o teléfono de Información Tributaria Básica, o 91 554 87 70.